22 de marzo de 2013
CAZANDO O CAZAPO
O pronome está mal colocado. En galego non podemos comezar co pronome átono. Tería que ser "Véndese". Cazapo cazado por matinando en Soutomaior (A Montesiña).
CAZANDO O CAZAPO
"Pulpo" e "gallega" están en castelán, deberían ser "Polbo" e "galega".
Cazapo cazado por Sara (1º ESO) en Padrón.
18 de marzo de 2013
CAZANDO O CAZAPO
"Médico" leva til porque é unha palabra esdrúxula.
"Padrón" é unha palabra aguda, debería levar til porque remata en -n.
"Pulpo" é un castelanismo, debería ser "polbo".
Cazapos cazados por Sara (1º ESO) en Padrón.
CAZANDO O CAZAPO
Falta o til en "están" que é palabra aguda rematada en -n. Cazapo cazado por Sara (1º ESO) no libro de Anaya 1º ESO, páx. 110.
CAZANDO O CAZAPO
Teriamos que cambiar "centro urbán" por "centro urbano", pois é unha palabra culta.
"Clínica e médica" deben ir con acento, son palabras esdrúxulas.
"Tapería" leva til porque é hiato, pero tamén "secreto" debe ser "segredo" porque é substantivo.
"Competición" leva til porque é unha palabra aguda rematada en -n.
"Viernes" está en castelán, tería que ser "venres" e a "sábado" é unha palabra esdrúxula.
"Padrón" e "perruquería" levan til. A primeira é aguda e a segunda é un hiato.
"Padrón" é unha palabra aguda e leva til.
Cazapos cazados por Hugo (1º ESO) no concello de Padrón (centro da vila).
9 de marzo de 2013
CAZANDO O CAZAPO
Cazapo cazado por Sonia (30 anos) nun colector de lixo en Meis.
Faltan os tiles de Xosé, Sintonía e Dúo. A primeira é aguda rematada en vogal, a segunda e a terceira son hiatos.
Hai unha concordancia mal feita: "Haberán varios concursos". Debería ser "Haberá".
CAZANDO O CAZAPO
Cazapo cazado por Nati (38 anos) na estrada Barro-Vilagarcía de Arousa. Neste sinal falta o til en Vilagarcía, malia ser un hiato.
1 de marzo de 2013
CAZANDO O CAZAPO
Cazada por Óscar (2º ESO). Neste sinal de tráfico de Redondela vemos a palabra aguda "AGÁS" sen til, cando debería levala porque remata en -s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)