22 de abril de 2013
CAZANDO O CAZAPO
A palabra "peluquería" está en castelán e debería ser "perruquería". Cazapo cazado por Yaiza B (2º ESO) no Pavillón municipal de Redondela.
11 de abril de 2013
CAZANDO O CAZAPO
"Peluquería" está en castelán, debería ser "perruquería" e "imaxen" non leva o -n final. Cazapo cazado por Xacobe (2º ESO) en Pontevedra (r/ Peregrina).
CAZANDO O CAZAPO
Nesta circular atopamos o castelanismo "viernes" por "venres", pero tamén distintos erros de maiúsculas e puntuación.
Puntuación:
- As siglas non levan puntos: ANPA, CEP.
- Na indicación da hora sepáranse os minutos cun punto, non con dous.
Maiúsculas:
- "Rúa Da Marisma" debe levar a preposición en minúscula.
- "Viernes" e "abril" deben ir en minúscula, pois os días da semana e os meses do ano van en minúscula.
Cazapo cazado por Yaiza (2º ESO) nunha circular do CEP Santa Mariña (Redondela).

Neste cartel fáltalle o til a "espigón", que é unha palabra aguda rematada en -n e temos o castelanismo "rampa" en lugar de "rampla". Cazapo cazado por Yaiza B (2ºESO) nas inmediacións do porto de Cesantes (Redondela).
CAZANDO O CAZAPO
"Alquilar" é un castelanismo, pois en galego úsase "alugar" ou "arrendar". Cazapo cazado por Xacobe (2ºESO) en Pontevedra (r/ Peregrina).
10 de abril de 2013
CAZANDO O CAZAPO
Nestas tres imaxes vemos que faltan os tiles das palabras agudas: "Deputación", "Pavillón" e "Reparacións". Todas elas son palabras agudas rematadas en -n ou -ns e deben levar este signo gráfico.
Cazapo cazado por Yaiza B (2ºESO). O primeiro foi localizado nunha furgoneta da Deputación de Pontevedra, o segundo e terceiros no Pavillón situado na zona da Piscina Municipal e nun taller de Redondela.

9 de abril de 2013
CAZANDO O CAZAPO
"Portugués" é unha palabra aguda rematada en -s e debe levar til. Cazapo cazado por Santi (43 anos) en Pontesampaio (Pontevedra).
CAZANDO O CAZAPO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)