Nesta circular atopamos o castelanismo "viernes" por "venres", pero tamén distintos erros de maiúsculas e puntuación.
Puntuación:
- As siglas non levan puntos: ANPA, CEP.
- Na indicación da hora sepáranse os minutos cun punto, non con dous.
Maiúsculas:
- "Rúa Da Marisma" debe levar a preposición en minúscula.
- "Viernes" e "abril" deben ir en minúscula, pois os días da semana e os meses do ano van en minúscula.
Cazapo cazado por Yaiza (2º ESO) nunha circular do CEP Santa Mariña (Redondela).
Ningún comentario:
Publicar un comentario