Facer pan de landras na clase de galego foi unha experiencia que nunca vivín e a verdade é que me gustou bastante e espero volver a repetilo algunha vez. Empezamos o 28 de marzo apuntando o vocabulario sobre o tema e tamén vendo un vídeo onde se explicaba o proceso. O señor que o explicaba todo chamábase César Lema, que é un biólogo da Universidade de Vigo.
Despois, cando rematamos de ver o vídeo, comezamos o proceso. Primeiro trituramos as landras cun morteiro. Máis tarde, cocémolas para quitarlles os taninos (xa que son malos en gran cantidade), mesturámolas con diferentes fariñas e metémolas na panificadora e alí estívose facendo un par de horas. E, por fin, despois de todo, probámolo.
Nunca degustara pan de landras así que, para min, o seu sabor era toda una sorpresa e aínda que lle faltaba un pouco de sal e a cortiza era dura, estaba moi esponxoso e rico.
Daniela González, 1º ESO
Gustoume tanto facer este tipo de pan, que o mesmo día que o probamos, ao chegar á casa ensineille ao meu irmán como se facía.
ResponderEliminarAprendín novas palabras como morteiro que está feito de pedra e foi co que trituramos a landra, e tatinos que, se non lembro mal, é unha substancia que, se a consomes en moita cantidade, provócache molestias intestinais e en pouca cantidade é boa para previr o cancro.
Son Carla de 1ºC
EliminarA min o que más me gustou foi machacas min morteiro .Cando me tocou,saíronme anacos fóra por darlle moi forte.
ResponderEliminarA verdade é que a panificadora parecía algo para facer cousas malas era moi grande,pensei que ía a ser algo pequeno pero gustoume moito ver como se removía.Cando iamos probar o pan parecía chocolate e non o quixen probar.De Jose
O seguinte día fomos a outra clase (1°D) a pór a masa nunha panificadora. Tiña unha textura coma a masa dun biscoito, suave, doce, esponxosa...
ResponderEliminarA última hora, en Lingua, probamos o pan. Estaba boísimo, era moi esponxoso, pero faltáballe sal.
Gustaríame repetir a actividade outra vez. Nunca olvidarei esta experiencia.
De Pablo
A min gustoume facer o pan de landras. Eu non sabía que as landras se podían comer e na miña casa se lle botan ao porco. Tamén aprendín que calquera pode facelo na súa casa. O resultado final do pan gustoume e penso que sabe moi parecido ao pan de centeo.
ResponderEliminarDe Carlos
As árbores que dan as landras son o carballo, aciñeira, sobreira e cerquiño. A recolección das landras é en setembro ou outubro. Despois hai que deixalas secar nun lugar seco durante un mes. Poden secarse no faiado, meténdoas no forno ou nun sequeiro (plataforma alta con táboas, no que, debaixo, préndese lume.)
ResponderEliminarPareceume unha actividade moi interesante e gustaríame repetila, pero con outras comidas típicas galegas.
De Mario
Pesamos as landras nunha báscula e como pesaban 250g tivemos que botar dous litros e medio de auga.
ResponderEliminarEu considero que todos o pasamos bastante ben xa que a parte de dar un tipo de clase distinta tamén fomos á clase de D.
De Elena.
No proceso decubrín que hai varios tipos de landras e que cada unha ten un sabor. Á parte disto, tamén descubrín que,por exemplo, os taninos, que hai nas landras, en pouca cantidade axudan a previr o cancro e á pel cos antioxidantes. Isto chamoume a atención, xa que como eu teño dermatite aguda, isto pode facer que a miña pel mellore.
ResponderEliminarComo perto da miña casa hai un parque cun carballo e dá moitas landras, que nunca se collen, fareino en outono.
Encantoume facelo a penso que é unha maneira de coñecer o que nos rodea e para que o podemos utilizar.
De: André
A profe trouxo a clase todos os ingredientes que facían falta. A profe dividiunos por grupos e cada grupo ensinábanos os tipos de fariña que había. A min sinceramente o pan non me gustou pero creo que todo é acostumarse . Respecto ao traballo gustoume moito porque traballamos en equipo e aprendemos varias cosas,aprendemos divertíndonos.
ResponderEliminarDe:Saray
A min gustoume moito esta elaboración porque aprendes cousas novas, e un dos momentos en que te divirtes con teus amigos.
ResponderEliminarMoitas grazas pola charla con César Lema e tamén á mestra Rosa por compartilo con todos nós.
De:Silvia
Rosa (a nosa profesora) deunos un par de landras a cada un e tivemos que descascalas e posteriormente moemolas, cousa que me pareceu entretidísima e divertida. Despois eu e uns campañeiros ensinamos uns tipos de fariña de cales algunhas as iamos usar.
ResponderEliminarAnxo Carrera 1ºC
Cando o pan xa estaba cocido, pasamos a cortalo. Iso deprimiume un pouco, porque eu pensaba que o pan ía saír máis grande, entón as racións saíron pequerrechas. Pero estaba boísimo!! Gustaríame repetir esta actividade. Laura Seoane
ResponderEliminarFacer pan de landras na clase pareceume moi divertido e novo. Eu non sabía que as landras se podían comer. Para saber como se fai vimos un vídeo de César Lema.
ResponderEliminarAo principio nin sequera sabía o que eran as landras.
ResponderEliminarTardamos algúns días en obter o resultado final, posto que nunha clase as esmagamos, noutra as mesturamos e finalmente coa fariña, as landras e a auga xuntas, puxémolo na panificadora.
Penso que esta iniciativa promove o traballo en equipo, e tamén a valorar algúns traballos que non están demasiado visibilizados.
Tras sacar o pan xa feito, cortámolo e mentres del saía un olor moi rico e apetecible, mais cando o probamos, dimonos conta de que lle faltaba sal!! Pero dá igual estaba moi rico e ademais foi unha actividade moi agradable e diferente xa que eu nunca pensei que se podía facer pan con landras.
ResponderEliminarAitana Díaz Barciela 1ºC
Eu non sabía que as landras se poidrán comer o pan de landras estaba moi rico, fixemis a receita orixinal no noso caderno de actividades e é un método antigo que faise coa panificadora ainda que se pudiera facer a Man.
ResponderEliminarSon Alex 1 d
ResponderEliminarNesta actividade aprendemos moitas cousas. Aprendemos como é o uso das landras,por exemplo,como se cascan,como se secan ou como se lle quitan as toxinas.Tamén aprendemos bastante vocabulario co vídeo de César Lema e os nomes cientificos das árbores que normalmente temos ao noso redor.
ResponderEliminarA min o pan non me gustou pero a experiencia de facelo encantoume.
Brian 1 D
Antes de facer este traballo pensaba que as landras non se podían comer e tampouco que existiran tantos tipos de fariña por exemplo: fariña de trigo, fariña de castaña, fariña de avea, fariña de arroz....
ResponderEliminarGrazas a esta actividade socialiceime máis con certas persoas tanto de C como desta clase.
As linguas non se aprenden só con teoría, tamén se poden facer cousas coma esta.
Intentarei facelo na miña casa.
Evelyn 1ºD
Alba Martínez Varela 1ºC: Parecía que a masa bailaba unha salsa. Foi divertido vela. Isto pasou a primeira hora e a última, Rosa trouxonos o pan xa feito. Era de cor marrón e con froitos secos mesturados. Faltaballe sal mais ainda así estaba bo. Gustoume moito a actividade, e o pan estaba boísimo. Gustariame repetila ou facer algunha semellante, e se hai que papar, MELLOR!
ResponderEliminarSofía Torres González de 1ºD.
ResponderEliminarA mín esta actividade paréceme moi interesante xa que é unha maneira divertida e interesante de aprender. Co desenvolvemento desta actividade apréndese a valorar o que é noso e todo o que podemos extraer das nosas árbores.
Tamén é unha maneira de entender de que non teñen que facer todo os nosos pais e nais que da misma maneira podemos facer nós as cousas, e non estaría mal que os axudaramos a facer a cea, a comida...
A min foi unha actividade que me gustou moito, xa que aprendín cousas novas e descubrín un novo alimento como é o pan de landras(que, por certo, está boísimo). En resumo, facer o pan de ladras foi unha actividade que eu creo que gustou a todo o mundo. Tamén o pasei ben cando, por exemplo, co morteiro machacamos as ladras, cando fixemos iso eu probeinas e tiñan un sabor amargo, eu esperaba que o pan fose tan amargo coma a landra pero foi todo o contrario.
ResponderEliminarDe Antonio
ResponderEliminarNa clase empezamos coa elaboración do pan, desamargamos e moemos as landras, mesturámolas cunha fariña de mestura de cereais para facer a masa e logo metémola na panificadora para facer o pan.
ResponderEliminarDespois daquilo probamos o pan e, a verdade, é que estaba bastante rico inda que penso que lle faltaba un chisco de sal.
A verdade é que foi unha experiencia moi curiosa e me gustou moito.
De Mario Castro 1º c
Facer o pan de landras parecía fácil pero facelo costa moito e necesitas moito tempo.
ResponderEliminarNecesitas: landras,fariña,auga,un sitio seco,un obxeto para aplastarlas,Unha panificadora e moito tempo.
As landras teñen varios usos: alimento para os porcos e o noso alimento.
Tes que ter coidado coas landras podridas, tamén ten cuidado cuando as poñes a ferver. O que tes que facer:
1° Ted que recollelas do árbore (carballo). Logo, tes que poñelas nunca cuarto seco e extendelas durante un no tempo. Cando estean secas, tes que descarcalas: podés facelo Unha a Unha ou as metes nunca sacó e as golpeas cun Pau para sacarle a cáscara. Cando as tes peladas tes que mover todas as que estean Ben.
A min está actividade gustoune moito; aprendín a facer algo novo e,ao mesmo tempo, paseino moi Ben
Javier 1°D
A min gustoume moito,estaba boísimo,era un anaco para cada un pero eu comín dous porque a Saray non lle gustaba. A verdade é que me gustaría facer isto máis veces porque aprendemos cousas novas e pasámolo ben.
ResponderEliminarDe Antía
Aprendemos como hai que tratar a landra .Se non fas ben o secado da landra pode coller valor e non se pode comer.
ResponderEliminarA min este proxecto pareceume moi interesante porque puxemos en valor alimentos que desprezamos e poderiamos utilizar.
De Yago1ºD
O pan estaba moi rico.
Estes obradoiros molan moito e ensínanche moitas cousas: eu aprendían a facer o pan, así que de agora en diante vou a intentar facer outra vez o proceso, pero na casa, para que agora sexa eu o que ensine á miña familia a facer pan de landras.
ResponderEliminarDe Tomás.
Estaba moi bo o pan de landras,só lle faltaba un bo xamón con aceite e sal.
ResponderEliminarEstaría moi ben si fixeramos nós todo o proceso ,e logo o levaramos á clase, para que todos degustaramos uns pans de landras no recreo.
De Fabio 1ºD
Vou mercando o xamón.
Facer un pan de landras. Nunca imaxinei que puideras aprender tanto cunha simple receita.
ResponderEliminarMentres víamos a reportaxe tomamos distintos apuntamentos, o cal me parece moi útil, xa que se nalgún futuro quero facelo xa teño a receita.
A miña opinión é que é unha actividade moi interesante e divertida, polo cal me gustaría repetir esta experiencia.
Elsa 1º Eso C
Gustoume o cheiro que tiña a clase mentres se facía o pan. Hei de admitir que o pan non tiña moi boa pinta antes e despois de cociñalo (Ainda que estaba moi rico).
ResponderEliminarCon esta actividade aprendín a socializar con outros compañeiros tanto da clase de 1°C coma de 1°D.
Uxía Conde Mouco 1° E.S.O D
Gustoume moito o resultado final a pesar de que lle faltaba un pouco de sal.Estaba moi bo,deume pena que non fixeramos máis cantidade para poder comer máis. En resumo a min gustoume moito a actividade, porque aprendin moitas cousas es paseino moi ben ,espero que volvamos a facer unha actividade así.
ResponderEliminarCarla Parcero de 1ºD E.S.O
Con este traballo , tamén aprendemos os nomes científicos dalgunhas árbores que dan landras e non só do carballo . Goustoume moito , aprendemos a facer pan e que non só os noso pais e avós podennos facer a comida ou o xantar senón que nos podémolo facer
ResponderEliminarSon Águeda de 1º ESO D
A actividade pareceume interesante, xa que eu pensei que as ladras so servian para lanzarllas a alguén e para o porco, pero non, tamen serven para facer pan e ao mellor para algo máis...
ResponderEliminarna clase de lingua a mestra púxonos un vídeo dos pasos para facer o pan, e despois tomamos apuntes na libreta.
O dia seguinte a profe trouxo a panificadora para facer o pan, e cando acabamos deixouse a facer, e na clase de xeografia cheiraba xenial entrume fame e púxenme a comer un pouco do bocadillo sen que o profe se decatara.
A ultima hora en inglés probamos todos o pan, todos menos eu que en ese momento, en ese preciso instante eu non estaba non me lembro por que, pero supoño que fora ao médico. Outro dia preguntei quetal estaba o pan e contáronme que estaba boísimo.
A esperencia encantoume xa que aprendin moito, son Pablo de 1ºD
A mín a actividade pareceume interesante, divertida,e sobre todo aprender a comunicarnos en galego. Facer o pan a mín ensinoume a facaer cousas en grupo, a facer un alimento, con que os ingredientes e que a maioria son produtos galegos
ResponderEliminarAdriana 1º Eso D
Brais Barcia 1ESOD.
ResponderEliminarDespois de dúas hora e media saíu un pan de cor rara,parecia que se queimara pero ao final estaba moi rico aínda que faltaballe sal. Ao final cortamos o pan,entre as dúas clrepartimoloímolo,tiña unha cor chocote con leite
Ao principio parecía un pouco aburrido, pero empezoume a gustar cando comezamos a traballar.
ResponderEliminarcando se fixo o pan, probámolo e, pola miña opinión, tivo un bo sabor e pareceume moi divertido e grazas a este traballo podemos facer pan de landras tantas veces como queiramos.
Lola 1ºD
Gustoume moito o pan de landras, ao principio parecía algo raro,utilizamos moitos ingredientes: fariña, auga do baño, landras dun carballo e levadura. Antes de facer o pan de landras utilizamoso caderno para anotar os tipos de árbores que dan
ResponderEliminarlandras.
RAÚL VILLAR ALONSO 1ºD
A min gustaríame moito volver a facer esta actividade xa que aprendín a facet un pan que nin sabia que existía, coñecin tipos de fariñas novas coma a de castaña, a de arroz..., tamén aprendín o.nome de moitas árbores novas cuxo froito é a landra. Estaba moi rico. Moitas grazas a mestra por ensinarnos a facer pan de landras e oxalá poidamos aprender a facer máis tipos de pans ou outras cousas.
ResponderEliminarMarta 1°D
Fixemos na clase de Galego pan de landras. Esa idea foi por un video que vimos na clase. A verdade que o pan esta vo pero faltaballe sal. David 1ºD
ResponderEliminarGustoume moito o día que viñeron todos os nosos compañeiros os de C á nosa clase, e fixemos todos xuntos o pan de Landras. Pareceume unha boa forma de aprender a facer pan e probar diferentes tipos. Sobre todo facer pan con froitos das árbores típicas de Galicia. Eu nunca probara o pan de Landras e ao principio pareceume unha idea un pouco louca ou una forma de perder o tempo pero pouco a pouco foime parecendo unha boa idea.
ResponderEliminarCarla de 1ºD