26 de abril de 2019

PAN DE LANDRAS

Facer pan de landras na clase de galego foi unha experiencia que nunca vivín e a verdade é que me gustou bastante e espero volver a repetilo algunha vez. Empezamos o 28 de marzo apuntando o vocabulario sobre o tema e tamén vendo un vídeo onde se explicaba o proceso. O señor que o explicaba todo chamábase César Lema, que é un biólogo da Universidade de Vigo. 

Despois, cando rematamos de ver o vídeo, comezamos o proceso. Primeiro trituramos as landras cun morteiro. Máis tarde, cocémolas para quitarlles os taninos (xa que son malos en gran cantidade), mesturámolas con diferentes fariñas e metémolas na panificadora e alí estívose facendo un par de horas. E, por fin, despois de todo, probámolo. 

Nunca degustara pan de landras así que, para min, o seu sabor era toda una sorpresa e aínda que lle faltaba un pouco de sal e a cortiza era dura, estaba moi esponxoso e rico. 



Daniela González, 1º ESO

30 de decembro de 2018

CONSELLOS PARA SER FELIZ

Aquí deixamos algúns dos consellos que o alumnado de primeiro de ESO nos dá para ser felices despois de ler o conto de Agustín Fernández Paz Unha chave non é suficiente que pertence ao seu libro Contos por palabras:

ALBA M.: De primeiro dicir que a felicidade non se busca. Non hai ningunha porta e tampouco ningunha chave. Pero si que hai una pechadura e neste caso é o teu "CORAZÓN". Non, non estou tola, é verdade. Para abrir esta pechadura, (que aínda non mencionara que é a pechadura máis forte pero tamén a máis fráxil) has de ser: amable, educado, valente, divertido. 
Estas son só as principais. Ese era o primeiro paso. Agora toca o segundo: coñece xente, fai amigos, comeza a querer (máis importante). Unha vez teñas amigos, que confíen en ti e ti confíes neles, a felicidade xa che sobrará. (Pero... coa familia!) O terceiro paso é arranxar calquera, (ata o mínimo) problema familiar. Hai tres pasos: arranxar, perdoar, confiar. 
Agora ten coidado, moito coidado. Repetirei por última vez: A PECHADURA DA FELICIDADE É A MÁIS FORTE PERO TAMÉN A MÁIS FRÁXIL. 
P.D.:Sorte!
-----------------------------------------------------------------------------------------------

Ola!

A ver...vouche dar uns pequenos consellos para conseguir e atopar a felicidade. Para min antes de atopar nada tes que ser ti mesmo porque se te fas pasar por alguén non vas conseguir nada. Se fas o primeiro consello farás moitos amigos e iso darache a felicidade. Despois, outra das máis importantes é que nunca podes deixar atrás un soño, se tes o soño de atopar a felicidade persígueo e verás que en pouco tempo xa o conseguiches.

Fai todo o que te faga feliz sen importar o que che diga a xente. E sempre se ti mesmo! Un saúdo moi grande. Xa verás como o consegues. Ánimo!

Saray B. 
---------------------------------------------------------------------------------------------

Ola!

Escríboche porque andan dicindo que a túa meta é conseguir a felicidade. Aquí van uns consellos:

·         Mantente forte e optimista: non deixes que a depresión e a tristura entren na túa vida. Cando esteas triste mantén a cabeza alta. Debes dicirte a ti mesmo que a vida está chea de retos e sorpresas.

·         Aprende a perdoar aos demais: serás unha persoa máis feliz se aprendes a perdoar aos demais de corazón. Encontra a forma de perdoalos aínda que creas que non o merecen.

·         Se xeneroso e compasivo: tal vez pensas que gañar a lotaría te faría moi feliz, pero non. O diñeiro aumenta a felicidade ata certo nivel onde se cumpren as necesidades básicas. Despois diso, o diñeiro non te fai feliz. O que de verdade te fai feliz é estar con outras persoas.

·         Sorrí á vida: a risa é contaxiosa. Se ris e fas cumpridos serás e farás a outros máis felices.

Espero que encontres a túa felicidade.

Óskar
---------------------------------------------------------------------------------------------

Ola! Chámome Elsa. Seguramente non saberás quen son, pero eu son a persoa que che vai solucionar os teus problemas. O outro día chamoume o cerralleiro de “Llaves Unión” para contarme que pasou por alí en busca da felicidade, igual ca min fai tempo. Facilitoume a túa dirección para ver se che podía axudar e eu, por suposto, díxenlle que si. Vouche dar cinco consellos para conseguir a felicidade.

1º Vive no presente.

2º Aprecia a xente que te rodea.

3º Non queiras máis do que tes.

4º Vive a vida ao máximo, sen preocupacións.

5º Fai máis do que che gusta.
-----------------------------------------------------------------------------------------
Ola, eu son Antía e escríboche esta carta para darche algúns consellos para atopar a felicidade. Vou darche dous consellos así que espero que paguen a pena.

Un deles é ter unha mascota. O mellor é adoptala xa que lle estás dando outra oportunidade. Esa mascota vai estar contigo moito tempo e vas ser o seu mellor amigo.

O segundo é ter amigos xa que con eles poderás contar e van estar nas cousas boas e malas.
 --------------------------------------------------------------------------------------------

Ola:

Seica andas na procura da felicidade e aquí tes uns consellos para conseguila:

-          Recordar cando eras pequeno e os teus pais te levaron á escola ou a tomar un xeado.

-          Ir dar unha volta por sitios dos que tes bos recordos e evitar pasar polos lugares dos que tes malos recordos, para evitar sentir tristeza e agonía.

-          Cando, ao atopar a chave da felicidade, baixaches á praia, puxécheste moi contento ao correr pola praia con novos azos. Volve facelo recordando ese momento.

-          Escoita a música que máis che gusta e fai algo que realmente te alegre.

-          Busca aos teus seres queridos e as persoas que nalgún momento da túa vida che prestaron axuda e pídelles consello a eles tamén.

Esperando que consigas a felicidade,



André

P.D.: Boa sorte!
------------------------------------------------------------------------

Ola, procurador da felicidade:

Sei que estás buscando a unha persoa que fixo a mesma encarga ca ti: unha chave da felicidade. Eu quería axudarche a ser feliz dándoche uns consellos:

1.    Enfócate nas cousas boas que hai ao teu redor. Se que non teu caso é difícil, pero intenta centrarte nas cousas positivas.

2.    Leva un sorriso na túa cara.

3.    Non lle deas moitas voltas ás cousas.

4.    Recorda que a túa familia te quere.

5.    Recoñece que vale a pena vivir a vida, a pesar dos momentos de crise.

Agardo que estes cinco consellos che sirvan de algo.

Un saúdo,
                                                                     Carlos
 ---------------------------------------------------------------------------------

Consellos para ser feliz:

Non sexas tan pesimista. Non penses todo o tempo que sofres depresión, máis ben intenta pensar porqué existe esa depresión, se realmente merece a pena gastan ese tempo da túa vida sen gozar de nada, sen querer facer nada, sen querer ver a ninguén… Pensa o motivo da depresión e repárao sendo máis optimista, non ver só o lado das cousas ou sucesos que te rodean senón búscalle o beneficio, o lado bo que todo ten.

Irene

 ------------------------------------------------------------------------------------------
Estimado señor:

Quero dicirlle que atopar a felicidade non é doado, seino, pero hai pequenas cousas que che axuda a, cada día, sentirte mellor. Espero que vostede non e tome nada persoal, porque este é un punto importantísimo. Se cada cousa que che din che molesta, o único que lograrás será amargar a túa vida. Nota as cousas bonitas que te rodean e gózaas, como por exemplo, non privarse de comer. Para contrarrestar iso mantente activo: corre, practica o teu deporte preferido, baila… e quérete a ti mesmo! Toma un día de descanso para meditar, poñerte o teu mellor perfume ou comprar e probar ese novo xampú que cheira a rosas, ti notaralo e a xente tamén! E xa que estás preparado física e mentalmente, por que non coñecer a novas persoas? Quizais un amigo ou amiga ou ata chegar a ter unha parella, sen esquecer nunca aos vellos amigos. Le máis, sorrí máis, e se queres a alguén faillo saber. Por último agradece, agradece o que tes, escribe cada noite e cada mañá algo do que queiras dar grazas, estarás moi satisfeito. Realmente espero que sigas o camiño da felicidade e o compartas comigo!

Atentamente, Raquel L
 -----------------------------------------------------------------------------------------------

Ola!

Bos días, eu chámome Daniela. Penso que se queres encontrar a felicidade, tes que buscar a esa rapaza, creo que é o destino que xusto ela preguntase pola chave da felicidade, aínda que para encontrar a rapaza tes que ser positivo e pensar que todo vai saír ben.

Pero non só iso. Tes que vivir moitas aventuras, experimentar para divertirse, aprender cousas novas e por suposto facer moitos amigos, xa que iso tamén provoca a felicidade. Para min a felicidade é estar coa miña familia e cos meus amigos.

Moitos bicos, Daniela
-------------------------------------------------------------------------------------

Querido amigo:

Vouche dar tres consellos para que poidas ser feliz:

Primeiro, tes que compartir momentos da túa vida con persoas ás que queres.  Podedes ir á praia, contar chistes, contarvos segredos…

Segundo, podes xogar con alguén, aínda que non o coñezas, podedes acabar sendo bos amigos e quedar para xogar moitas veces.

Terceiro, se non queres estar con ninguén fai cousas divertidas. Podes voar unha cometa, facer tiro con arco, montar a cabalo…

Se o pasas ben, vas ser feliz toda a vida.

Pablo P.
-----------------------------------------------------------------------------------------------
Eu de ti sairía á rúa a relacionarme coa xente e olvidar esa depresión que corre dentro de ti. Se fas iso vas morrer con alguén ao teu lado e feliz.

Álex M.
 ----------------------------------------------------------------------------------------------

Querida persoa á que escribo:

Eu sei que ti estás un pouco triste, e encantaríame poder axudarche. Se me deixas, claro. Aínda que … vouche axudar aínda que non me deas permiso, xa que estou facendo a carta e non vou tirar o papel que hai que reciclar. O caso. Contoume unha pomba que conseguiches a chave da felicidade. Noraboa! Pero estás desanimado porque non tes pechadura onde metela. Ten sentido… pero mira, non necesitas unha chave da felicidade para atopala. Tes que ser ti mesmo, perseguir o teus soños, celebrar os teus logros e gozar das cousas pequenas de cada día. Tamén é verdade que, de cando en cando, tes que darte un caprichiño: unha madalena e un batido, o xersei que máis che gusta, pero non o compras porque é carísimo, saír a dar un paseo pola praia, escoitar un concerto no parque… tamén tes que ser optimista. Espero axudarche. Vou parar de escribir que se remata o papel. Adeus!

Laura S. 


 ----------------------------------------------------------------------------------------------
 Ola, bos días!:
Quixera darche uns pequenos consellos para que non precises unha chave da felicidade e que a encontres realmente. 

Primeiro tes que demostrarlle o teu cariño aos teus familiares e amigos e tamén o aprecio que lles tes,isto fará que sintas unha alegría…

Mais se non conseguiches a felicidade: tes que darte un PEQUENO capricho para sentirte ben contigo mesmo.

Se con todo isto non atopas a felicidade eu diríache que foras ao un psicólogo por se acaso.

Aitana
 ----------------------------------------------------------------------------------------------
Estimado señor: 

Eu son Gael e diríxome a vostede coa intención de axudalo na súa busca da felicidade. Primeiramente, vostede debería preguntarlle ao cerralleiro polo enderezo ou o número de teléfono da moza dos ollos azuis para así poder contactar con ela. 

De non ser así, vostede pode seguir buscándoa a través de Internet, poñendo o seu perfil e vendo se ela o recoñece e decide pórse en contacto con vostede.

Señor, outra cousa que lle recomendo é que a esqueza e que intente buscar outra persoa que lle achegue o que vostede quere. Nunca é tarde para atopar a felicidade. 

Agradezo de antemán o tempo que estivo lendo esta carta e, sen máis, despídome desexándolle sorte nesta nova busca.

ATT: Gael
----------------------------------------------------------------------------------------------
Estimado protagonista:
O outro día estaba na casa lendo o libro de Contos por palabras e souben da túa historia. Tes que conseguir a felicidade e por iso che vou dar uns consellos para conseguila.

Primeiro, tes que pensar en positivo, ser optimista, algúns traballos poden ser moi bos, non tes que rexeitalos porque estás perdendo oportunidades. Coñece a xente, fai amigos, consigue unha noiva…

As relacións entre persoas son moi boas. Pódenche axudar, pódente facer rir, e iso vaite facer moito mellor persoa. E por último, fai o que máis che gusta: só che gusta viaxar, pois viaxa, se queres facer algún deporte, practícao. Hai que facer cousas e non estar sempre pensando se algún día conseguirás traballo.

Espero que recibas a carta e que che sirvan de moito os meus consellos.
PD: Se podes, escríbeme unha carta de volta, porque quero saber como te chamas.

De Mario

 ----------------------------------------------------------------------------------------------
Se ves máis alá do superficial, sorprenderache que todos, que todos por distintos medios e tomando diferentes camiños, acertados ou non, se encontran buscando o mesmo, A FELICIDADE. 

Ser feliz pode ser un desafío emocionante, pero segundo moitos, é algo moi difícil de lograr, ou polo menos, de recoñecelo cando o gozamos. Non hai unha soa receita para ser feliz; cada quen intenta alcanzar a felicidade ao seu modo e segundo o seu entender. Pero si hai certas claves que che poden ser de axuda para propoñerche atopar a túa felicidade. 

Curiosamente, unha das primeiras claves non é unha afirmación, senón unha negación. Así é trátase de aprender a dicir “non” a pór límites, iso que parece tan simple, pero que che resulta tan complicado por momentos. É moi común aquela crenza equivocada de que para ser “boa persoa” precisas dar aos demais todo o que che pidan sen ningún tipo de límite. 

A segunda clave é que non podes facer felices aos demais a base do teu sufrimento. Debes ter como meta principal a túa propia felicidade. É dicir, primeiro estás ti e logo os demais. 

Por último e terceira clave: se algo che sae mal, sentes que non é correcto, etc. non significa ser egoísta, se non recoñece que é imposible facer feliz a outro se ti principalmente non es feliz.

Carla V.
 ----------------------------------------------------------------------------------------------

Estimado protagonista da historia:

Escríbolle para falarlle da historia e darlle consellos para melloralo.

O seu carácter é negativo, pesimista, decaído e iso non pode ser así, por iso lle dou os seguintes consellos:

1º Levántese con ánimo, poña un pouco de música motivadora e prepárese para ter un grandioso e fermoso día.

2º Se é vostede moi madrugador, levántese cedo e faga un pouco de deporte, sentirase menos estresado e máis libre.

3º Vaia ao traballo sempre cun sorriso na cara e sexa amable cando poida selo, verá como o mundo llo agradecerá.

4º Déase un caprichiño de vez en cando, como ir cear ou mercar algunha cousiña que lle alegre o día.

5º Descanse ben, que durmir é moi importante e agradécese ben.

Asdo. : Mario C.
----------------------------------------------------------------------------------------------

Bos días,

Eu penso que para conseguir a felicidade non hai unha soa receita, cada quen intenta conseguir a felicidade ao seu modo. Pero eu persoalmente, creo que unha das claves é aprender a dicir que non, porque ás veces non somos capaces e podémonos abafar. Tamén é moi importante saber que non somos perfectos, e non debemos intentar selo.

Elena
---------------------------------------------------------------------------------------------

Querido amigo:

Voume presentar, chámome Evelyn e gustoume moito a túa maneira de ver a vida.

Pero eu penso que cada persoa ten o seu propio destino que tarde ou ceo o atopará.

Tamén creo que unha chave ou un cadeado ou calquera outro obxecto non che vai axudar a atopar a felicidade.

Conséguese formando amizade, unión, cariño, respecto cara outras persoas que vaias coñecendo ao longo da túa vida, porque sempre estamos coñecendo todos os días xente nova.

Un saúdo,

Evelyn
 ----------------------------------------------------------------------------------------------

Boas, querido amigo:

Son a túa amiga Águeda, xa non sei se te lembrarás de min. Pero lin a historia na que di que andas á procura da felicidade. Por sorte, eu xa a atopei hai ben tempo e agora vouche dicir como o fixen.

Xa sabes que eu non son unha rapaza tranquila, así que pensei en algo que sirva para relaxarse, por iso me apuntei a clases de ioga. E logo empecei a facer o que máis me gusta, neste caso a equitación.

A min funcionoume e espero que a ti tamén che sirva para algo.

Un saúdo, 
                                  Águeda

 ----------------------------------------------------------------------------------------------
Para conseguir a felicidade tes que estar sempre cun sorriso na cara e ser moi positivo, nunca digas nunca, non penses en que non o conseguirás. Sempre positivo. Ti podes.

Brais
 ----------------------------------------------------------------------------------------------

Consellos para conseguir a felicidade.

Poderías pensar só en gozar o momento, vivilo con todas as túas forzas. Tamén se fas deporte é unha boa solución porque desconectas dos teus problemas e farías moitos amigos se compartes as túas experiencias con outros.

Fabio
 ----------------------------------------------------------------------------------------------

Ola, querido amigo, sei que non é nada doado conseguir a felicidade, pro acabarás lográndoo.

Proba a axudar a outra xente que estea peor ca ti, que aínda que non o creas, hai moita xente que está peor ca ti. 
Xúntate coa xente positiva, non con xente que estea todo o tempo lamentándose.
           E se fas algo que che gusta, aprovéitao ao máximo.

Espero que con estes consellos sexas máis feliz. Unha aperta e un beixiño!!!

Posdata: Proba a xogar ao Fornite.

Do teu amigo Pablo A.
 ----------------------------------------------------------------------------------------------

Estimado protagonista dunha chave non é suficiente:

Para encontrar a felicidade, pódela atopar no teu interior: cos sentimentos, tamén cando estás cun amigo de verdade, cando xogas coa túa familia a un xogo de mesa. Cando te divirtes iso si que é a felicidade.

E ademais, onde hai moita felicidade, e cando animas a alguén deprimido, e o fas sorrir.

Atentamente Álex. Unha forte aperta.

P.D.: A felicidade non se escoita nin se atopa, séntese, coma os sentimentos.
 ----------------------------------------------------------------------------------------------

O meu consello para conseguir a felicidade é ser forte e optimista, mantente ocupado, fai exercicio, dáte motivos para sorrir, sigue os teus instintos. Á parte se xeneroso e compasivo e aprende a perdoar aos demais. Por último, fai as cousas que te fagan feliz e te inspiren.

Carla O.
----------------------------------------------------------------------------------------------


Para conseguir a felicidade tes que seguir estes pasos:


-          Debes encontrar a túa media laranxa, é dicir, a túa persoa ideal, deixa de crer na sorte.


-          Debes ter metas na vida, é dicir, pensa  no teu futuro, que só se vive unha vez e hai que vivir ben, a gusto e contento ou se non vas lamentalo toda a túa vida.

P.D.: Vive a vida. Ah! Eu son Javier.
  ----------------------------------------------------------------------------------------------
Ola!

Eu creo que para conseguir a felicidade hai que facer o que ti desexes. Consellos para conseguir ser feliz:

-          Facer amizades coas que te sintas ben e poidas gozar dos detalles da vida.

-          Comer chocolate.

-          Xogar á mariola, á pelota, ás bólas, á corda, etc.


Silvia C.
  ----------------------------------------------------------------------------------------------

Ola, eu son Antonio e vouche dar uns consellos para que sexas feliz:

1.    Buscarse hobbies ou actividades que che gusten.

2.    Facer novos amigos.

3.    Axudar aos que máis o necesitan.

4.    Celebrar todos os teus logros ou metas.

5.    Crer en ti mesmo.
  ----------------------------------------------------------------------------------------------
Bos días! Dixéronme que andas na procura da felicidade, entón vou darche algúns consellos para obtela: 

1.    Busca facer cousas que che gusten.

2.    Sorrí, sorrí e despois sigue sorrindo.

3.    Rodéate de xente positiva.

4.    Nunca perdas a esperanza.

Como dixo un anónimo: “Non busques contos con final feliz, busca ser feliz sen tanto conto”.

Despídome de ti. 
                                   Natalia

Vamos ser felices. Eu invito. J
  ----------------------------------------------------------------------------------------------
Ola!, escríboche esta carta con exemplos para que sexas feliz: fai favores a todo o mundo, pensa en positivo e mira a vida con bos ollos.

Damián
----------------------------------------------------------------------------------------------
Meu querido amigo: 

Antes de nada, gustaríame dicirche que atopar a felicidade é algo moi difícil pero temos que facer todo o posible para conseguila.

Vou intentar darche algúns consellos para que a poidas atopar o máis rápido posible:

-          Recupera ou fai novos amigos e amigas e vaite de festa con eles.

-          Vai de viaxe a todos os países que sempre quixeches coñecer.

-          Merca unha mascota, por exemplo un can, para que cando o leves de paseo á rúa coñezas a outras persoas cos seus cans e, quen sabe? Unha delas pode ser esa rapaza loira de ollos azuis que andas buscando.

Espero que estes consellos che axuden a atopar o que buscas, pero lembra que debes ter paciencia e non desesperarte porque ó mellor aparece cando menos o esperas.

Sorte amigo!

Brian