26 de abril de 2019

PAN DE LANDRAS

Facer pan de landras na clase de galego foi unha experiencia que nunca vivín e a verdade é que me gustou bastante e espero volver a repetilo algunha vez. Empezamos o 28 de marzo apuntando o vocabulario sobre o tema e tamén vendo un vídeo onde se explicaba o proceso. O señor que o explicaba todo chamábase César Lema, que é un biólogo da Universidade de Vigo. 

Despois, cando rematamos de ver o vídeo, comezamos o proceso. Primeiro trituramos as landras cun morteiro. Máis tarde, cocémolas para quitarlles os taninos (xa que son malos en gran cantidade), mesturámolas con diferentes fariñas e metémolas na panificadora e alí estívose facendo un par de horas. E, por fin, despois de todo, probámolo. 

Nunca degustara pan de landras así que, para min, o seu sabor era toda una sorpresa e aínda que lle faltaba un pouco de sal e a cortiza era dura, estaba moi esponxoso e rico. 



Daniela González, 1º ESO