22 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO

A palabra "peluquería" está en castelán e debería ser "perruquería". Cazapo cazado por Yaiza B (2º ESO) no Pavillón municipal de Redondela.

CAZANDO O CAZAPO


"Libraría" debe levar til porque é un hiato. Cazapo cazado por Xacobe en Pontevedra, rúa Peregrina. 

11 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO

"Peluquería" está en castelán, debería ser "perruquería" e "imaxen" non leva o -n final. Cazapo cazado por Xacobe (2º ESO) en Pontevedra (r/ Peregrina). 

CAZANDO O CAZAPO

Nesta circular atopamos o castelanismo "viernes" por "venres", pero tamén distintos erros de maiúsculas e puntuación.

Puntuación:
- As siglas non levan puntos: ANPA, CEP.
- Na indicación da hora sepáranse os minutos cun punto,  non con dous.

Maiúsculas:
- "Rúa Da Marisma" debe levar a preposición en minúscula.
- "Viernes" e "abril" deben ir en minúscula, pois os días da semana e os meses do ano van en minúscula.

Cazapo cazado por Yaiza (2º ESO) nunha circular do CEP Santa Mariña (Redondela).

CAZANDO O CAZAPO


Neste cartel fáltalle o til a "espigón", que é unha palabra aguda rematada en -n e temos o castelanismo "rampa" en lugar de "rampla". Cazapo cazado por Yaiza B (2ºESO) nas inmediacións do porto de Cesantes (Redondela). 

CAZANDO O CAZAPO


"Alquilar" é un castelanismo, pois en galego úsase "alugar" ou "arrendar". Cazapo cazado por Xacobe (2ºESO) en Pontevedra (r/ Peregrina).

10 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO



Nestas tres imaxes vemos que faltan os tiles das palabras agudas: "Deputación", "Pavillón" e "Reparacións". Todas elas son palabras agudas rematadas en -n ou -ns e deben levar este signo gráfico. 

Cazapo cazado por Yaiza B (2ºESO). O primeiro foi localizado nunha furgoneta da Deputación de Pontevedra, o segundo e terceiros no Pavillón situado na zona da Piscina Municipal e nun taller de Redondela.

9 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO

"Portugués" é unha palabra aguda rematada en -s e debe levar til. Cazapo cazado por Santi (43 anos) en Pontesampaio (Pontevedra). 

CAZANDO O CAZAPO


"Túa" é un hiato e debe levar til. Cazapo cazado por Penélope (24) en Arcade (Soutomaior). 

CAZANDO O CAZAPO

 




Nestas catro fotografías falta o til no hiato: "rúa", "día", "saúde", "días". Cazapo cazado por Yaiza B (2º ESO) en distintas rúas de Redondela.