1 de xuño de 2018

CORREDORA MARÍA REIMÓNDEZ


Nos últimos días o alumnado de agrupamento estivo preparando a súa exposición sobre o libro de Corredora da escritora María Reimóndez. 

O traballo consistiu en ler e entender o libro para investigar sobre distintos aspectos do país (xeografía, costumes, lingua, gastronomía, …). Unha vez lido o libro e preparada a presentación, fixemos café etíope para degustar cos compañeiros de 1º de ESO; inyera, feita con fariña fermentada de tef, un cereal local propio desas terras; tamén levamos especias berbere propias da comida etíope (cardamomo, fenogreco, pementa, cilantro,…).

Unha familia cun neno etíope deixounos amablemente roupas traídas do país e libros que falaban deste. Dous dos nenos vestiron estas roupas durante a presentación e tamén ensinamos o cafeto ou planta do café.