11 de maio de 2012

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Estefanía (1º ESO) na área recreativa de Pontesampaio (concello de Pontevedra). "Deputación" e "área" deberían levar til porque a primeira é aguda e a segunda, esdrúxula.

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Anxo (1º ESO) na estrada EP-2908. "Deputación" e "Borbén" deberían levar til porque son agudas.

2 de maio de 2012

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Sheila (1º ESO). Castelanismos: "virxen" e "orquesta" deberían ser  "virxe" e "orquestra".
Faltan os tiles en "saúde", "sábado", "ó remate".

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Adrián (1º ESO). Castelanismos: "Precios" tería que ser "prezos" e "pulpo" tería que ser  "polbo".

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Alba (1º ESO) nun colector do concello de Soutomaior. "Votar" (emitir voto), neste caso sería  "botar"