25 de outubro de 2012

CAZANDO O CAZAPO

Ola, Rosa. Acabo de facerme seguidor do teu blog desde o meu, "A vella na cova". Mándoche este cazapo que cacei por se queres publicalo. Suxíroche este texto:

O til está mal colocado: debería ir no segundo "i", non no primeiro. Parece claro que este cazapo é soamente un erro de mecanografía pero serve para remarcar a importancia dun traballo profesional e ben feito. A nosa ortografía di moito de nós tanto se é boa como se é mala, tanto se cometemos erros por ignorancia como se os cometemos por falta de atención e coidado.

 Mon (Profe)