25 de outubro de 2012

CAZANDO O CAZAPO

Ola, Rosa. Acabo de facerme seguidor do teu blog desde o meu, "A vella na cova". Mándoche este cazapo que cacei por se queres publicalo. Suxíroche este texto:

O til está mal colocado: debería ir no segundo "i", non no primeiro. Parece claro que este cazapo é soamente un erro de mecanografía pero serve para remarcar a importancia dun traballo profesional e ben feito. A nosa ortografía di moito de nós tanto se é boa como se é mala, tanto se cometemos erros por ignorancia como se os cometemos por falta de atención e coidado.

 Mon (Profe)

11 de maio de 2012

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Estefanía (1º ESO) na área recreativa de Pontesampaio (concello de Pontevedra). "Deputación" e "área" deberían levar til porque a primeira é aguda e a segunda, esdrúxula.

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Anxo (1º ESO) na estrada EP-2908. "Deputación" e "Borbén" deberían levar til porque son agudas.

2 de maio de 2012

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Sheila (1º ESO). Castelanismos: "virxen" e "orquesta" deberían ser  "virxe" e "orquestra".
Faltan os tiles en "saúde", "sábado", "ó remate".

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Adrián (1º ESO). Castelanismos: "Precios" tería que ser "prezos" e "pulpo" tería que ser  "polbo".

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Alba (1º ESO) nun colector do concello de Soutomaior. "Votar" (emitir voto), neste caso sería  "botar"

18 de abril de 2012

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Matinando no libro de Pepe Carreiro, Os bolechas van de cámping. Ed. A Nosa Terra. "saíu" leva til, é un hiato.

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Matinando. Aparcadoiro Pintor Colmeiro, en  Vigo. Eh!, que as maíúsculas tamén levan til e aquí "VEHÍCULOS" e "ELÉCTRICOS" están sen el.

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Sheyla (1º ESO) no Boletín da biblioteca do seu IES. Á aguda (Boletín) fáltalle o til.

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Xian (1º ESO). Boletín de notas do seu IES. Xian é un ditongo e non leva til, non si?

CAZANDO O CAZAPO


Cazapo cazado por Alba (1º ESO) no libro de Fina Casalderrey, Mutacións xenéticas. Ed. Xerais, 2008. Páx. 9. Falta o verbo "Hadrián non (ten) máis remedio..."


29 de marzo de 2012