20 de xullo de 2013

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Xulia (35 anos) en Pontesampaio (Pontevedra). "Irmáns" aparece sen til no "a", mesmo sendo aguda. "Pulpo" é un claro castelanismo para evitar "polbo", seguramente para evitar os chistes. "Con unha" presenta unha ausencia de contracción "cunha".

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Nuria (1º ESO) no cartel do BNG aparece a palabra "frente" cando en galego a RAG recolle "fronte" no seu dicionario.

22 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO

A palabra "peluquería" está en castelán e debería ser "perruquería". Cazapo cazado por Yaiza B (2º ESO) no Pavillón municipal de Redondela.

CAZANDO O CAZAPO


"Libraría" debe levar til porque é un hiato. Cazapo cazado por Xacobe en Pontevedra, rúa Peregrina. 

11 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO

"Peluquería" está en castelán, debería ser "perruquería" e "imaxen" non leva o -n final. Cazapo cazado por Xacobe (2º ESO) en Pontevedra (r/ Peregrina). 

CAZANDO O CAZAPO

Nesta circular atopamos o castelanismo "viernes" por "venres", pero tamén distintos erros de maiúsculas e puntuación.

Puntuación:
- As siglas non levan puntos: ANPA, CEP.
- Na indicación da hora sepáranse os minutos cun punto,  non con dous.

Maiúsculas:
- "Rúa Da Marisma" debe levar a preposición en minúscula.
- "Viernes" e "abril" deben ir en minúscula, pois os días da semana e os meses do ano van en minúscula.

Cazapo cazado por Yaiza (2º ESO) nunha circular do CEP Santa Mariña (Redondela).

CAZANDO O CAZAPO


Neste cartel fáltalle o til a "espigón", que é unha palabra aguda rematada en -n e temos o castelanismo "rampa" en lugar de "rampla". Cazapo cazado por Yaiza B (2ºESO) nas inmediacións do porto de Cesantes (Redondela). 

CAZANDO O CAZAPO


"Alquilar" é un castelanismo, pois en galego úsase "alugar" ou "arrendar". Cazapo cazado por Xacobe (2ºESO) en Pontevedra (r/ Peregrina).

10 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO



Nestas tres imaxes vemos que faltan os tiles das palabras agudas: "Deputación", "Pavillón" e "Reparacións". Todas elas son palabras agudas rematadas en -n ou -ns e deben levar este signo gráfico. 

Cazapo cazado por Yaiza B (2ºESO). O primeiro foi localizado nunha furgoneta da Deputación de Pontevedra, o segundo e terceiros no Pavillón situado na zona da Piscina Municipal e nun taller de Redondela.

9 de abril de 2013

CAZANDO O CAZAPO

"Portugués" é unha palabra aguda rematada en -s e debe levar til. Cazapo cazado por Santi (43 anos) en Pontesampaio (Pontevedra). 

CAZANDO O CAZAPO


"Túa" é un hiato e debe levar til. Cazapo cazado por Penélope (24) en Arcade (Soutomaior). 

CAZANDO O CAZAPO

 




Nestas catro fotografías falta o til no hiato: "rúa", "día", "saúde", "días". Cazapo cazado por Yaiza B (2º ESO) en distintas rúas de Redondela.



22 de marzo de 2013

18 de marzo de 2013

CAZANDO O CAZAPO


"Médico" leva til porque é unha palabra esdrúxula.


"Padrón" é unha palabra aguda, debería levar til porque remata en -n.


"Pulpo" é un castelanismo, debería ser "polbo". 

Cazapos cazados por Sara (1º ESO) en Padrón.

CAZANDO O CAZAPO

Falta o til en "están" que é palabra aguda rematada en -n. Cazapo cazado por Sara (1º ESO) no libro de Anaya 1º ESO, páx. 110.

CAZANDO O CAZAPO

Teriamos que cambiar  "centro urbán" por  "centro urbano", pois é unha palabra culta.

"Clínica e médica" deben ir con acento, son palabras esdrúxulas.

"Tapería" leva til porque é hiato, pero tamén "secreto" debe ser "segredo" porque é substantivo.

"Competición" leva til porque é unha palabra aguda rematada en -n.

"Viernes" está en castelán, tería que ser "venres" e a "sábado" é unha palabra esdrúxula.

"Padrón" e "perruquería" levan til. A primeira é aguda e a segunda é un hiato.

"Padrón" é unha palabra aguda e leva til.

Cazapos cazados por Hugo (1º ESO) no concello de Padrón (centro da vila).

9 de marzo de 2013

CAZANDO O CAZAPO


Cazapo cazado por Sonia (30 anos) nun colector de lixo en Meis. 

Faltan os tiles de Xosé, Sintonía e Dúo. A primeira é aguda rematada en vogal, a segunda e a terceira son hiatos. 

Hai unha concordancia mal feita: "Haberán varios concursos". Debería ser "Haberá". 

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Nati (38 anos) na estrada Barro-Vilagarcía de Arousa. Neste sinal falta o til en Vilagarcía, malia ser un hiato.

CAZANDO O CAZAPO

Ás palabras "rúa" e "José" fáltalles o til. Cazapo cazado por Óscar (3ºESO) en Redondela.

1 de marzo de 2013

CAZANDO O CAZAPO

Cazada por Óscar (2º ESO). Neste sinal de tráfico de Redondela vemos a palabra aguda "AGÁS" sen til, cando debería levala porque remata en -s.

7 de febreiro de 2013

CAZANDO O CAZAPO

Cazado por Fausti (usuario de piscina municipal) nun dos folletos da instalación, en Redondela.
"Gratuíto" vai sen til e debería levalo, coma todas as maiúsculas.

 "Prescrición" aparece con e sen /p/, o correcto é sen ela.

"Seguimento" alterna tamén con "seguemento", se o verbo é "seguir", o substantivo tamén é con /i/.

"Conseguirán" está sen til e debería levalo.

CAZANDO O CAZAPO

Cazapo cazado por Alfonso (40 anos). "Rúa" debería levar til, posto que é un hiato. Cazado en Pontesampaio (Concello de Pontevedra).

14 de xaneiro de 2013

CAZANDO O CAZAPO

" Séguenos en" debería ser "Síguenos en". O imperativo do verbo seguir non é irregular.
Alba (1º ESO). Folleto de Sogama que estaba no seu centro.

CAZANDO O CAZAPO

A palabra non é "arreglos" é "arranxos".  Nuria (1ºESO). Cazado en Arcade (Concello de Soutomaior, Pontevedra).

CAZANDO O CAZAPO

"Pavillon" aparece sen til e é aguda, debería levar til "Pavillón"

María (3º ESO), no pavillón de Soutomaior (Pontevedra).

11 de xaneiro de 2013

CAZAMOS NOVOS CAZAPOS?

Novo ano, novos cazapos. Comezamos coa campaña 2013 para ir publicando os cazapos que me van pasando compañeir@s e alumn@s.

Xa sabedes que os capazos podedes enviarmos á conta de correo: matinandonalingua@gmail.com. Poñede o voso nome e, se sodes alumnado, o voso curso. Grazas e a ver se cazamos uns poucos.