28 de decembro de 2018

TRABALLO DOS LIBROS DE LECTURA PARA O SEGUNDO TRIMESTRE 1º ESO



Para realizar a túa vídeo-reseña debes escoller un dos títulos que tes máis abaixo. O traballo vai ser o seguinte sobre cada libro: 

A lingua das bolboretas. Manuel Rivas. Ed. Galaxia.

A lingua das bolboretas é un relato incluído no libro ¿Que me queres amor?, que no 2005 Galaxia tira do prelo nunha edición especial, ilustrada por Miguelanxo Prado e publicada coa colaboración da Asociación AIAN de Vigo.

A vida de Pardal dá un cambio cando ten que comezar a escola e coñece ao seu mestre. Son tempos difíciles.
Traballo: Gravarás un vídeo que non dure máis de cinco minutos. Nel debes aparecer ti comentando que che pareceu o relato (opinión persoal), como actuarías se che pasase o mesmo, como viviches ti a chegada ao instituto.



Maldito DNI. Pepe Carballude. Ed. Xerais.

¡Maldito DNI! é a historia dunha decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña Olimpio Montes comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola información. 

Traballo: Gravarás un vídeo que non dure máis de cinco minutos. Nel debes aparecer ti comentando que che pareceu a novela (opinión persoal).


Retrincos. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Ed. Galaxia
Relatos autobiográficos dun clásico da nosa prosa. Os relatos son: O segredo, O inglés, Peito de lobo, O retrato, Sabela. O limiar tamén pode servir para o mesmo traballo. 

Traballo: Gravarás un vídeo que non dure máis de cinco minutos. Escollerás un dos relatos e crearás un filme sobre el. Isto implica que debes escribir un guion de cine a partir dese relato. Para o relato podes escoller actores e actrices que che axuden, pero ti tamén debes actuar. Para guiarte podes consultar este documento: Guion para curtametraxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario